Proposta para as familias:
Desde fai máis de tres décadas, a
nosa escola ven editando a súa Revista Escolar. Despois de tantos anos,
Charamuscas é un documento valiosísimo para contemplar como fomos mudando; como
cole e como sociedade. O curso escolar 2019-2020 marcará as nosas vidas e
pasará a formar parte da historia colectiva do noso país. E por iso que malia
ás especiais condicións na que se está a desenvolver este terceiro trimestre
non podemos renunciar a publicar un novo número de Charamuscas, esta vez en
formato dixital. E non podemos renunciar por dous motivos: en primeiro lugar
porque a edición da nosa revista é un síntoma de normalidade, de que continuamos
traballando, aprendendo, coordinándonos como comunidade educativa e en segundo
lugar, por deixar testemuña deste ano histórico para todos e todas.
Por iso pedimos ao noso alumnado
que colabore enviándonos algún artigo, algún debuxo, un pequeno cómic, etc.
calquera documento que podamos publicar seguindo o modelo das anteriores
revistas que tan ben coñecen.
Para que a publicación da revista
sexa posible, dividimos os temas por cursos e dámosvos unhas pequenas
indicacións. Os temas propostos para cada curso só son unha suxestión. Os
alumnos e alumnas participantes poden escoller un dos temas, dous.. ou escribir
ou debuxar sobre calquera outra cousa que lles apeteza.
1. Se son textos literarios,
artigos, crónicas enviádeos escritos a ordenador en formato word ou open
office.
2. Os debuxos fotografados ou
escaneados, mais asegurádevos de que a imaxe ten suficiente calidade e está ben
enfocada.
3. Para cada curso suxerimos uns
temas, mais na revista cabe todo tipo de expresión artística, poesia, relato,
teatro, debuxo libre, etc.
4. Todos os traballos deben ser
entregados antes do 15 de xuño ás 12 da noite no correo da escola: cep.brea.segade@edu.xunta.gal
5. Para lembrar e documentarse
sobre as actividades suxeridas para a elaboración dos artigos o alumnado pode
ver os blogues do cole:
Animádevos a
participar!
Os temas a tratar para :
SEGUNDO
Solidariedade e Xustiza Social:
-25 de Outubro: A volta ao cole, carreira solidaria.
-25 de Novembro, día contra a violencia machista.
-Día da Paz.
a. Programa
especial de Radio BBS.
b. Canción Unha
noite vindo do muíño. 5º
c. Ofrenda floral no Xardín da Memoria.
-Historias do confinamento. Conta
a túa experiencia nestes meses.
-Salón do libro de Pontevedra.
a. Maqueta.
b.
Excursión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario