13 de xuño de 2020
Enquisa avaliación BBS. Alumnado.
Chegamos á recta final do curso e pedimos, coma sempre, que valoredes o traballo da BBS. Foi un curso estraño para a nosa biblioteca, reforma e confinamento, apenas nos deixaron gozar da nova biblio, pero mantivemos a BBS aberta e activa na rede, grazas a vós, que sempre estades aí. Sabemos que a BBS está agardando por nós, chea de proxectos e novidades. 😃
Cubride a enquisa entrando na páxina da BBS do cole, e clicando en enquisa, logo dámoslle a enviar.
As vosas opinións son fundamentais para o traballo da biblioteca, non deixedes de dárnolas.
GRAZAS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario