Boas mamis-papis- familia:
PROGRAMACIÓN
FIN DE SEMANA
POESÍA
NAS CASAS
O
21 de marzo é o Día
Mundial da Poesía,
na BBS celebramos cada curso o Mes
da Poesía e
este ano non vai ser diferente, imos ler, recitar, ilustrar, gozar da
poesía na casa.
Convidámosvos
a ler poesía neste mes de marzo, un poema cada día polo
menos. Nós iremos colgando no blog escolmas poéticas e enlaces a
páxinas nas que atopar poemas para ler.

Tamén
queremos encher o noso blog de poesía, facer un recital poético
virtual, para iso necesitamos da vosa axuda:
-
Escollede un poema que vos guste.
-
Facede un debuxo sobre el.
-
Practicade para lelo ben, con entoación. Podedes entre varios, coa
axuda de irmás, pais, nais...
-
Coa axuda dos vosos maiores, gravádeo en audio ou en vídeo, como
prefirades.
-
Se escolledes gravalo en vídeo enfocade ao voso debuxo, ao que se ve
desde a vosa casa, á vosa horta... Non vos gravedes directamente
recitando á cámara.
Enviade
os vosos poemas ao correo da BBS:
biblio.brea.segade@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario